Comprometidos coa nosa política de calidade de Aficon
Nosa empresa Aficon, con titular fiscal Aficon, Seguridade e Contraincendios, S.L. dedicada á instalación e mantemento de sistemas de protección contra incendios, así como á revisión, recarga e retimbrado de extintores co fin de lograr unha maior Calidade na súa actividade, comprométese coa implantación dun Sistema de Xestión de Calidade acorde cos puntos das Normas ISO 9001:2015, seguindo os seguintes principios:
- Coñecer, analizar e satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos clientes.
- Mellorar de forma continua a calidade dos nosos servizos.
- Asumir unha actitude proactiva para previr as causas que poidan dar orixe a non conformidades.
- Dispoñer de infraestrutura e medios adecuados para o desenvolvemento das nosas actividades.
- Contar con persoal debidamente formado.
- Operar sempre baixo o estrito cumprimento da lexislación vixente que sexa de aplicación, así como respectar acordos voluntarios adoptados ou requisitos provenientes dos nosos clientes.
- Promover a Xestión de Calidade e a Mellora Continua en todo o persoal, en todos os niveis e en todos os procesos da Empresa.